Cousas de príncipes e princesas

Imos crear unha escena, non fai falla que sexa de ningún conto coñecido, pero ten que ter un príncipe e unha princesa.

Primeiro buscamos as características de cada personaxe, o que os motiva e o que van facer para conseguilo.

Príncipe: Resultou ser Valente, atrevido, intelixente e forte. O que o motiva é salvar á princesa porque está namorado dela (aínda que non a coñeza). Para conseguilo ten que enfrontarse a retos, matar dragóns, escalar torres… nun caso tiña ata que voar.

Princesa: É guapa e delicada (nalgunha proposta só guapa) O que a motiva é escapar da súa situación (ás veces está encerrada, outras explotada e humillada). Non fai nada para conseguilo, espera que o faga o príncipe.

Bruxa: Fea, mala e envexosa (da beleza da princesa, posto que é a súa única cualidade). Quere casar co príncipe ou ser máis guapa que a princesa. Matará, envelenará, secuestrará ou embruxará a princesa para conseguir o seu obxectivo.

Esta é a escena que constrúe  calquera  rapaz ou rapaza, pero é ficción, non importa moito.

Ou non importaría moito senón fose o primeiro contacto dun neno/a co amor romántico.

A historia dun amor que chega igual que unha dor. Dun home que debe ser infalible e enfrontar os seus problemas e os da súa incapaz namorada. Dunha rapaza que só debe estar guapa e caladiña, aguantando o que faga falla, esperando a ser digna de ser salvada. A historia dunha muller disposta a impoñer o amor a quen non a ama, de facer moito dano a outras mulleres.

A princesa cumpriu anos, cambiaron os tempos, agora fai “50 sombras de Grey”

E colorín colorado, este conto cambiámolo entre tod@s

2 comentarios

  1. Josín Ayán dice:

    Os nen@s o único que teñen que facer é disfrutar de todolo que fan, explorar o mundo que lles tocou vivir, somolos maiores ca nosa mente retorcida e malpensante que retorcemolo todiño e sempre vemos o lado negativo. Os contos, contos son e que disfruten sen analizalos plis. Se ños poñemos tan tiquismiquis non facemos nada,

    • Maisqueteatro dice:

      A verdade é que non estamos moi de acordo Josín, pero grazas por aportar a túa visión.
      Consideramos que os contos son unha parte do proceso de socialización de calquera nen@, forman estruturas de pensamento e perpetúan roles. Por suposto que deben explorar o mundo, pero o analise é unha forma de exploración e de formación do criterio.
      Un saúdo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *