Nace...
COMUNICARTE
Obradoiro teatral para traballar a comunicación efectiva
Pretende unha aprendizaxe baseada na experimentación e adquisición de ferramentas a través de dinámicas e técnicas teatrais
Por que non proporcionar ferramentas @s adult@s do mañá para resolver conflitos?
E se aprendemos a comunicarnos para evitar a violencia?
Que pasaría se utilizamos a cultura para fomentar a aprendizaxe transversal?
Que aprendemos?
- A mellorar a escoita e a capacidade de crítica construtiva
- A comunicarnos de forma máis asertiva
- A reducir a impulsividade á hora de relacionármonos cos demais
- A estruturar unha mensaxe con coherencia
- A ter en conta e controlar a linguaxe corporal
- A relaxarnos e controlar a ansiedade
Como o aprendemos?
- Dinámicas de grupo e xogos de roles
- Improvisacións teatrais
- Exercicios de movemento e relaxación
Para rapaces e rapazas entre os 12 e os 16 anos, cun grupo mínimo de 6 e máximo de 18
Requírese un mínimo de 9 horas para traballar con cada un dos grupos