Por que non crear cultura no tempo de lecer?
E se buscamos novas formas de comunicación e expresión?
E se traballamos como iguais nun contexto creativo?
Non fomentaremos así futuro público?
Nace...
Contaxiarte
Campamento interdisciplinar de artes escénicas
Teatro, clown, danza, monicreques e teatro de sombras
Que aprendemos?
- A expresarnos con diferentes códigos comunicativos
- A traballar de xeito colaborativo, entendendo enriquecedora a diferenza
- A estimular a creatividade, a imaxinación e a sensibilidade
- A favorecer a deshinibición e a autoestima
- A desenvolver a capacidade de relaxación e autocontrol
- A entender o corpo como ferramenta expresiva a coidar
- A conxugar elementos como o movemento, o xesto, a palabra ou a luz
Como o aprendemos?
- A través das técnicas básicas de cada disciplina
- Xogos dramáticos e pre-dramáticos
- Movemento e expresión corporal
- Improvisacións
- Dinámicas de grupo
Para nenos e nenas dos 5 aos 14 anos, cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 30
5 sesións de mínimo 3h cada unha
Necesidade dun espazo diáfano con posibilidade de escuros totáis