https://www.maisqueteatro.es/wp-content/uploads/2020/01/violencia-video.mp4 Traballo realizado polos alumnos e alumnas de 4º da E.S.O. do I.E.S. da Terra Chá, Trapero Pardo, como montaxe de concienciación incluído no Obradoiro IGUALARTE . Audio, incluído nun montaxe teatral, constrído para mostrar a fase de estalido da violencia, dentro do ciclo da violencia de xénero. https://www.maisqueteatro.es/wp-content/uploads/2020/01/cenicienta-presentación.mp4 Traballo realizado polos alumnos e alumnas de …
Cadeiras que suxeitan
Este é o noso terceiro ano impartindo o Curso de Habilidades Comunicativas e Expresivas, encadrado dentro do Programa de Inserción Laboral para vítimas de violencia de xénero que desenvolve a Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses. Non todos os anos son iguais, pero ningún deixaron de ensinarnos. Ensináronnos que é posible, que a debilidade está do …
Cuestión de Empatía
Ninguén aprende a falar se non lle falan. Pouco importa que teña a capacidade biolóxica para facelo, a aprendizaxe é un proceso que require d@s demais. O mesmo pasa coa empatía: trabállase, mellórase, habilítase… pero nunha burbulla nin xurde nin evoluciona. Para poñerse nos zapatos doutr@ hai que escoitar sen xulgar, e non é doado. …
Perdidos nun bosque de emocións
Hoxe perdémonos no monte, iamos facendo sendeirismo , perdemos ó grupo e quedamos só dous. Coma en todo monte que se prece, non había cobertura e tampouco sabiamos chegar á estrada Así comezamos hoxe unha dinámica, algúns dirían que estabamos nunha aula e outras que ninguén estaba perdido… pero esa xente non coñece a maxia …
Diferenzas
Pedímoslle a 28 rapazas e rapaces de secundaria que crearan un personaxe que sufrise exclusión. Dotárono de habilidades, de soños, de inquietudes e dunha característica que facía que os demais o apartasen. Escribiron tamén as cousas que escoitan e que volven pequenos e sen forzas todos eses proxectos e aspiracións. Temos 28 personaxes distintas: algunhas …
O TEATRO, A ARTE DE ESCOITAR Ó OUTRO
Dixo Bronfenbrenner que un escenario non é máis que un lugar onde a xente mantén interaccións cara a cara. E aí, nese recuncho de tempo e espazo, enriba das táboas estamos obrigadas a escoitar. Nada vai funcionar se non o facemos. Toda a técnica do mundo caería no baleiro se non somos quen de ter …
Cousas de príncipes e princesas
Imos crear unha escena, non fai falla que sexa de ningún conto coñecido, pero ten que ter un príncipe e unha princesa. Primeiro buscamos as características de cada personaxe, o que os motiva e o que van facer para conseguilo. Príncipe: Resultou ser Valente, atrevido, intelixente e forte. O que o motiva é salvar á …
Non é casualidade
Un pobo que coopera, ten rapaces que saben cooperar. Un pobo que escoita, cría rapazas que escoitan. Nun pobo que respecta, medran persoas respectuosas. Santaballa é un recuncho pequeno de Lugo onde a xente se segue a xuntar para facer cousas xuntos. E fan encaixe de bolillos, e xogan o fútbol, e van ó teatro …
Imposible sen vós
Cando comezamos este proxecto nunca imaxinamos ser quen de convertelo en algo tan grande. Cando vos pedimos axuda non pensamos que nos fosedes regalar o voso tempo e talento dun xeito tan xeneroso. Chegados ó final só podemos agradecer: agradecer o tempo, os folgos, a creatividade, o moitísimo que nos ensinastes e o non perder …
Crer para crear
Ás veces é máis doado non crer. Non tentalo, non innovar, non buscar estratexias novas, non esforzarse… Ás veces é máis doado renderse e pensar que non paga a pena. A normalización da diversidade require alumnado empático que crea nas capacidades de cada persoa, que entenda os procesos dos que deriva a discriminación e que …