Nace...
COHESIONARTE
Obradoiro teatral para favorecer a cooperación e cohesión grupal
Pretende unha aprendizaxe baseada na experimentación e na adquisición de ferramentas a través de dinámicas e técnicas teatrais
Levado a cabo por primeira vez nos IES Daviña Rey e Río Cabe de Monforte de Lemos cos grupos de 1º da E.S.O
Por que non ensinar a cooperar no canto de a competir?
E se tomamos conciencia dos prexuízos antes de perpetualos?
Que pasaría se educásemos para previr a discriminación?
Que aprendemos?
- A crear dinámicas que favorezan a cohesión e o empoderamento grupal
- A comunicarnos de forma máis asertiva
- A reducir a impulsividade á hora de relacionármonos cos demais
- A adquirir novas ferramentas para afrontar o conflito
- A mellorar a escoita e a capacidade de crítica construtiva
- A traballar en equipo e cooperar como método de acadar obxectivos
- A identificar distintas formas de discriminación
Como o aprendemos?
- XOGOS TEATRAIS ADAPTADOS
- IMPROVISACIÓNS TEATRAIS
- XOGOS DE COOPERACIÓN E DINÁMICAS GRUPAIS
- DRAMATIZACIÓNS DE SITUACIÓNS
Para rapaces e rapazas entre os 12 e os 16 anos, cun grupo mínimo de 6 e máximo de 30
Requírese un mínimo de 9 horas para traballar con cada un dos grupos