Ás veces é máis doado non crer. Non tentalo, non innovar, non buscar estratexias novas, non esforzarse… Ás veces é máis doado renderse e pensar que non paga a pena.
A normalización da diversidade require alumnado empático que crea nas capacidades de cada persoa, que entenda os procesos dos que deriva a discriminación e que sexa consciente do seu poder transformador. Pero eles e elas non deixan de ser o noso reflexo no espello.
Por iso queremos adicar estas liñas a todas e todos os educadores e educadoras que decidides crer. Que credes no potencial dos alumnos, que considerades a diversidade unha oportunidade e non un obstáculo. Vosoutras crendo creades o futuro, vós cambiades o mundo.
“Etiquetas” foi un fermoso proceso de creación posible grazas a tod@s @s que crestes. Fostes quen de aportar, de involucrarse, de analizar, de superar medos… de CREAR e de CRER.
Grazas por agasallarnos con futuro
Presentación final do Obradoiro Teatral para Favorecera Inclusión nas Aulas, levado a cabo polos alumnos de secundaria do IES Lucus Augusti e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes a través do Programa I+I e a colaboración de Tadega