Éranse unha vez palabras que se cravaban como agullas, que doían ó saír e mancaban ó chegar. Facían que as persoas parecesen pequenas e sen valor. Ocupábano todo e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos escritos. Éranse unha vez palabras que destruían, que excluían.
Pero bastaba só con mirarse ós ollos para que brotaran palabras fermosas que voaban e debuxaban novos sorrisos, e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos xornais.
Éranse unha vez palabras fermosas que sabían facer sentir ben. Facían que as persoas se sentisen valoradas e contaban historias que enchían de folgos. Éranse unha vez palabras fermosas que agarimaban, que incluían.
Vídeo resume da 3ª sesión do “Obradoiro para favorecer a Inclusión nas Aulas” que se está a levar a cabo no IES Lucus Augusti e no IES Nosa señora dos Ollos Grandes, coa colaboración de Tadega.
Sesión titulada “O valor das palabras”