Maisquefalar
Habilidades Comunicativas e Expresivas
Maisquefalar pretende a adquisición de ferramentas de comunicación efectiva por medio de dinámicas teatrais. De xeito lúdico adquiriremos habilidades para manexar o estrés e reducir a pasividade e a agresividade, para enfrontarnos ó noso contexto persoal e laboral.
“Un escenario non é máis que un lugar onde a xente pode manter interaccións cara a cara” (Bronfenbrenner y Crouter)
Obxectivos
- Mellorar a expresión corporal e emocional
- Eliminar bloqueos corporais e rixidez
- Favorecer o control do corpo e os movementos
- Fomentar o empoderamento persoal
- Proporcionar ferramentas de comunicación asertiva
- Reducir a ansiedade e a pasividade nas interaccións sociais
- Entender o conflito como proceso para chegar a acordos
- Aumentar o locus de control persoal
- Ficcionar situacións estresantes e mellorar as capacidades para afrontalas
- Proporcionar ferramentas de comunicación asertiva
“As dramatizacións e os xogos de roles obrigan a experimentar con ambientes, situacións e valores distintos”
Metodoloxía
- Cohesión grupal e traballo en equipo
- Adaptación ás distintas capacidades
- Aprendizaxe lúdico
- Dinámicas de grupo e xogos de roles
- Experimentación
- Improvisacións teatrais
- Exercicios corporais
- Técnicas de relaxación
Para persoas entre os 16 e os 106 anos Grupos entre 6 e 18 participantes