“Lo importante es aprender a leer y no ver las letras. Lo importante es reconocer a las personas y comprender su estado, y no mirarlos a los ojos. El trabajo del ojo está, en fin de cuentas, en el papel subordinado de la herramienta para cualquier actividad y puede ser sustituido por el trabajo de otra herramienta” (Vygotsky)

Por cousas como estas encántanos Vygotsky! E por cousas como estoutras cremos firmemente no que facemos

O teatro como vehículo para a transformación persoal e social

Polas súas características especiais, o teatro permítenos o desenvolvemento de habilidades sociais tales como a empatía, a capacidade de escoita, o traballo en equipo e a toma de conciencia do grupo como ente. Así mesmo, favorece a creación dun espazo onde a crítica ten un valor construtivo e a diversidade é enriquecedora.

Por outra banda, a toma de conciencia do corpo mediante exercicios de relaxación, elasticidade, ton e movementos pautados e de libre expresión, axuda a liberar bloqueos físicos e mentais, fortalecendo a autoconfianza e a autoestima e entendendo o corpo como un instrumento a coidar, o que contribúe á adquisición de hábitos saudables. Do mesmo xeito, proporciona un espazo para a desconexión no que dar renda solta á imaxinación.

O traballo dende as emocións e os temperamentos favorece de forma moi positiva a adquisición de ferramentas que axudan a canalizar e xestionar a súa expresión.

“La vida social es una condición necesaria para el desarrollo de la lógica. Por lo tanto, creemos que el mundo social transforma la naturaleza del individuo” (Piaget)

O teatro como ferramenta para traballar a comunicación asertiva

A través do traballo dramático e cunha perspectiva de xogo, é posible alimentar o empoderamento persoal que potencia a seguridade e a autoestima necesarias para expoñer opinións e defender dereitos propios.

Igualmente, permítenos aplicar ferramentas que posibilitan o expresarnos sen agredir nin evitar o conflito, de forma respectuosa e efectiva.