Maisqueequilibrar

Traballando para a igualdade

Maisqueequilibrar nace para evidenciar os roles e estereotipos de xénero, entender como estes condicionan os procesos de discriminación e traballar a prol dunha igualdade efectiva.

"El logro de la igualdad de género requiere la participación de mujeres y hombres, niñas y niños. Es responsabilidad de todos". (Ban Ki-moon)

Obxectivos

  • Entender os prexuízos e os estereotipos de xénero
  • Empatizar co/a outro/a e recoñecer os seus sentimentos
  • Detectar micromachismos e como se perpetúan
  • Fomentar o empoderamento persoal
  • Recoñecer as distintas formas de sexismo: hostil, benévolo e ambivalente
  • Fomentar o respecto polas persoas con independencia do seu xénero
  • Diferenciar entre diversidade e desigualdade
  • Aumentar o locus de control persoal
  • Ficcionar situacións e mellorar as capacidades para afrontalas

“As dramatizacións e os xogos de roles obrigan a experimentar con ambientes, situacións e valores distintos, a través dos personaxes podemos chegar a entender ós/ás outros/as”

Metodoloxía

  • Cohesión grupal e traballo en equipo
  • Adaptación ás distintas capacidades
  • Aprendizaxe lúdico
  • Dinámicas de grupo e xogos de roles
  • Experimentación
  • Improvisacións teatrais
  • Exercicios corporais
  • Técnicas de relaxación

Para persoas entre os 16 e os 106 anos

Grupos entre 6 e 18 participantes

Mínimo de 5 sesións de hora e media