Por que non ensinar a cooperar no canto de a competir?

E se tomamos conciencia dos prexuízos antes de perpetualos?

Que pasaría se educásemos para previr a discriminación?

Nace...
COHESIONARTE

Obradoiro teatral para favorecer a cooperación e cohesión grupal

Pretende unha aprendizaxe baseada na experimentación e na adquisición de ferramentas a través de dinámicas e técnicas teatrais 

Levado a cabo por primeira vez nos IES Daviña Rey e Río Cabe de Monforte de Lemos cos grupos de 1º da E.S.O

Que aprendemos?

  • A crear dinámicas que favorezan a cohesión e o empoderamento grupal
  • A comunicarnos de forma máis asertiva
  • A reducir a impulsividade á hora de relacionármonos cos demais
  • A adquirir novas ferramentas para afrontar o conflito
  • A mellorar a escoita e a capacidade de crítica construtiva
  • A traballar en equipo e cooperar como método de acadar obxectivos
  • A identificar distintas formas de discriminación
maisqueteatro_logo_Q_negro

Como o aprendemos?

  • XOGOS TEATRAIS ADAPTADOS
  • IMPROVISACIÓNS TEATRAIS
  • XOGOS DE COOPERACIÓN E DINÁMICAS GRUPAIS
  • DRAMATIZACIÓNS DE SITUACIÓNS

Para rapaces e rapazas entre os 12 e os 16 anos, cun grupo mínimo de 6 e máximo de 30

Requírese un mínimo de 9 horas para traballar con cada un dos grupos