Hoxe tamén é 25N

Nós pensabamos que non tiñamos prexuízos ata que as coñecemos a elas. Un día saímos de clase pensando “podería pasarme a min”. É una obviedade, pero non o é, de súpeto a distancia coa que o ves todo muda, de súpeto dáste conta que ti tamén es filla da sociedade na que o amor romántico pode cámbialo todo se es paciente, que ti tamén traspasaches límites sen ni sequera decatarte.

E veste a ti mesma dicíndolle ó rapaz de aquel bar que tes mozo para que te deixe tranquila, e ves como finxías falar por teléfono de volta a casa porque viña un home detrás, lémbraste cantas veces xustificaches coa falta de tempo o non ter fillos e míraste no espello e sabes que pensaches “por que o consinte”

Nós críamos que nunca nos pasaría porque non buscabamos un señor Grey, porque eramos económicamente independentes, porque nunca nos pasara… Só viamos a cúspide do iceberg,  pero non a nosoutras axudando a suxeitala.

Ese día entendemos que ninguén consinte un maltrato na primeira cita, que somos todos e todas, como sociedade os/as que permitimos a súa escalada. Cada vez que aceptamos os celos como parte do amor, cada vez que dicimos que se che levanta as saias e porque lle gustas, cada vez que aceptamos que se nos xulgue polo noso físico ou pola nosa forma de vestir, cada vez que cuestionamos á vítima e buscamos xustificar a agresión. Cada vez que normalizamos a base da pirámide para sentir que a nós nunca nos pasará.

Por iso hoxe é 25N, e mañá e todos os días, porque cada vez que unha persoa entenda (home ou muller) que é libre de ser quen é, que é un ser completo e digno de amor tal como é, que si queremos cambiar ten que ser por amor a nós e non a ninguén , que NON é NON e non é necesario xustificalo. Cada vez que iso pase estaremos máis preto de terminar coa violencia de xénero. Porque claro que me pode pasar a min, e a ti e a calquera. Porque todas somos fillas da mesma sociedade.

4 comentarios

  1. Cristina dice:

    Ojalá exista un dia, un año en el que se conmemore que no ha muerto ninguna mujer por VIOLENCIA machista.
    Pero a día de hoy y lamentablemente, todavía somos hijxs de una cultura machista y se siguen educando a los menores de igual manera, por lo tanto, este triste y lamentable modelo se seguirá perpetuando en el tiempo.
    Mujeres y hombres siguen justificando actitudes MACHISTAS hacia las mujeres , sin ser conscientes del verdero daño que causa a la sociedad en general y a las mujeres en particular.
    Por suerte, existen personas y entidades ( como vosotras) que luchan por una sociedad igualitaria, que ponen su granito de arena cada dia , sin necesitar grandes reconocimientos ( aunque si merecerlos).
    Las víctimas y las SUPERVIVIENTES, necesitan ayuda real, menos carteles y mas ACCIÓN!

    • Maisqueteatro dice:

      Gracias Cristina, nosotras ni merecemos ni necesitamos ningún reconocimiento, sólo intentamos hacer nuestro trabajo de la forma más honesta y profesional que sabemos.
      Pero también somos mujeres, también nos enseñaron a tener miedo y cuidado y tampoco lo supimos siempre. Es como personas, como mujeres y asumiendo nuestros actos como parte del problema y la solución como creemos que las cosas empezarán a cambiar. Si escuchásemos más a las víctimas veríamos nuestro reflejo en ellas más claro de lo que nos gustaría. Nosotras sólo tuvimos suerte, pudimos aprender de ellas.

  2. Dores dice:

    Ola!Tendes pensado facer algún obradoiro para as vítimas-invisíbeis-de maltrato,acoso psicolóxico e/ou moral-polo xeral acompañado sempre dunha intensa violencia social e,c

  3. Maisqueteatro dice:

    Ola Dores! Nosoutras só deseñamos e impartimos os obradoiros, son as asociacións, institucións ou centros educativos os que deciden para que usuari@s (previo acordo, por suposto). Non sei se isto contesta a túa pregunta, se non o fai quedamos a túa disposición para todas cantas dúbidas teñas.
    Graciñas polo interese e unha aperta grande!!!!

Responder a Maisqueteatro Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *