Non é casualidade

Un pobo que coopera, ten rapaces que saben cooperar. Un pobo que escoita, cría rapazas que escoitan. Nun pobo que respecta, medran persoas respectuosas. Santaballa é un recuncho pequeno de Lugo onde a xente se segue a xuntar para facer cousas xuntos. E fan encaixe de bolillos, e xogan o fútbol, e van ó teatro …

Leer más...

Imposible sen vós

Cando comezamos este proxecto nunca imaxinamos ser quen de convertelo en algo tan grande. Cando vos pedimos axuda non pensamos que nos fosedes regalar o voso tempo e talento dun xeito tan xeneroso. Chegados ó final só podemos agradecer: agradecer o tempo, os folgos, a creatividade, o moitísimo que nos ensinastes e o non perder …

Leer más...

Crer para crear

Ás veces é máis doado non crer. Non tentalo, non innovar, non buscar estratexias novas, non esforzarse… Ás veces é máis doado renderse e pensar que non paga a pena. A normalización da diversidade require alumnado empático que crea nas capacidades de cada persoa, que entenda os procesos dos que deriva a discriminación e que …

Leer más...

O valor das palabras

Éranse unha vez palabras que se cravaban como agullas, que doían ó saír e mancaban ó chegar. Facían que as persoas parecesen pequenas e sen valor. Ocupábano todo e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos escritos. Éranse unha vez palabras que destruían, que excluían. Pero bastaba só con mirarse ós ollos para que …

Leer más...

ANDAMOS POLA VIDA CARGADAS DE POSIT

Estamos a impartir, para alumnado de dous institutos de secundaria, un Obradoiro Teatral para favorecer a Inclusión nas aulas. Na primeira sesión  tentamos buscar un exercicio que, de xeito visual, lles axudase a entender que era un prexuízo e como os procesos de categorización influían na discriminación. Escribimos posits de colorines, moitos; con cualidades, aptitudes, …

Leer más...

Todos somos observadores

O curso pasado fixemos un obradoiro sobre acoso escolar con alumnos e alumnas de 4º da ESO. Ó finalizalo levaron a cabo unha performance de concienciación para o resto do centro. Dividíronse en tres grupos : observadores, acosadores e unha acosada. Entre todas tentaron identificar as emocións e os sentimentos que motivan a conduta de …

Leer más...

Hoxe tamén é 25N

Nós pensabamos que non tiñamos prexuízos ata que as coñecemos a elas. Un día saímos de clase pensando “podería pasarme a min”. É una obviedade, pero non o é, de súpeto a distancia coa que o ves todo muda, de súpeto dáste conta que ti tamén es filla da sociedade na que o amor romántico …

Leer más...

Comezando polo principio

Comezamos a escribir pensando en contarvos as cousas dende o principio, que coñezades maisqueteatro a través de nós, do noso traballo e da nosa visión del; que poidades criticarnos e axudarnos a medrar… Pero non atopamos o principio. Debería ser sinxelo… Cando nace maisqueteatro? Non temos resposta, non sabemos por onde comezar. Entón miramos o …

Leer más...