Maisquefalar

Habilidades Comunicativas e Expresivas

Maisquefalar pretende a adquisición de ferramentas de comunicación efectiva por medio de dinámicas teatrais. De xeito lúdico adquiriremos habilidades para manexar o estrés e reducir a pasividade e a agresividade, para enfrontarnos ó noso contexto persoal e laboral.

“Un escenario non é máis que un lugar onde a xente pode manter interaccións cara a cara” (Bronfenbrenner y Crouter)

Obxectivos

  • Mellorar a expresión corporal e emocional
  • Eliminar bloqueos corporais e rixidez
  • Favorecer o control do corpo e os movementos
  • Fomentar o empoderamento persoal
  • Proporcionar ferramentas de comunicación asertiva
  • Reducir a ansiedade e a pasividade nas interaccións sociais
  • Entender o conflito como proceso para chegar a acordos
  • Aumentar o locus de control persoal
  • Ficcionar situacións estresantes e mellorar as capacidades para afrontalas
  • Proporcionar ferramentas de comunicación asertiva

“As dramatizacións e os xogos de roles obrigan a experimentar con ambientes, situacións e valores distintos”

Metodoloxía

  • Cohesión grupal e traballo en equipo
  • Adaptación ás distintas capacidades
  • Aprendizaxe lúdico
  • Dinámicas de grupo e xogos de roles
  • Experimentación
  • Improvisacións teatrais
  • Exercicios corporais
  • Técnicas de relaxación

Para persoas entre os 16 e os 106 anos

Grupos entre 6 e 18 participantes