Maisqueescoitar

Habilidades Sociais e relacionais

Maisqueescoitar posibilita a adquisición de habilidades de resolución de conflitos, de traballo cooperativo e de control da impulsividade. A través de dinámicas teatrais e de xeito lúdico, experimentaremos e integraremos ferramentas aplicables no noso entorno laboral e social.

“Non te enoxes. Ás veces o outro non te entende. Explicáchelo mil veces, pero non o ve. Non é tonto. Non é malo. Non e indiferente. É outro...”

Obxectivos

  • Traballar a empatía
  • Favorecer a asertividade como forma de comunicación
  • Entender o apego na creación de relacións
  • Comprender as situacións de forma obxectiva
  • Adquirir habilidades para a resolución de conflitos
  • Potenciar a escoita activa
  • Promover a cooperación como xeito de consecución de obxectivos
  • Tomar conciencia dos nosos impulsos para favorecer o autocontrol

“O que escoitas olvídalo, o que ves recórdalo, o que fas apréndelo”

Metodoloxía

  • Cohesión grupal e traballo en equipo
  • Adaptación ás distintas capacidades
  • Aprendizaxe lúdico
  • Dinámicas de grupo e xogos de roles
  • Experimentación
  • Improvisacións teatrais
  • Exercicios corporais
  • Técnicas de relaxación

Para persoas entre os 18 e os 106 anos

Grupo mínimo de 6 e máximo de 15