Que pasaría se interviñesen os observadores?

Por que non proporcionar ferramentas no canto de dar charlas?

E se empoderamos ó grupo para que rexeite a violencia?

Nace...
RESPECTARTE

Obradoiro teatral para a prevención do acoso escolar

Pretende unha aprendizaxe baseada na experimentación e adquisición de ferramentas a través de dinámicas e técnicas teatrais

Levado a cabo por primeira vez no I.E.S. Muralla Romana de Lugo para o alumnado de cuarto da ESO

Que aprendemos?

  • A crear dinámicas que favorezan a cohesión e o empoderamento grupal
  • A tomar conciencia da figura de observador/a pasivo/a
  • A favorecer a empatía pola persoa acosada
  • A recoñocer as emocións
  • A adquirir novas ferramentas para afrontar o conflito
  • A traballar en equipo e a cooperar como método de acadar obxectivos
maisqueteatro_logo_Q_negro

Como o aprendemos?

  • Dinámicas de grupo
  • Xogos teatrais adaptados
  • Construción de personaxes a través das emocións

Para rapaces e rapazas a partir de 5º de primaria, cun grupo mínimo de 6 e máximo de 30 alumnos/as

Tras un mínimo de 12 sesións e, sempre que sexa beneficioso para o grupo, propoñeríase a realización dunha montaxe teatral de sensibilización para o público