Por que non crear cultura no tempo de lecer?

E se buscamos novas formas de comunicación e expresión?

E se traballamos como iguais nun contexto creativo?

Non fomentaremos así futuro público?

Nace...
Contaxiarte

Campamento interdisciplinar de artes escénicas

Teatro, clown, danza, monicreques e teatro de sombras 

Que aprendemos?

  • A expresarnos con diferentes códigos comunicativos
  • A traballar de xeito colaborativo, entendendo enriquecedora a diferenza
  • A estimular a creatividade, a imaxinación e a sensibilidade
  • A favorecer a deshinibición e a autoestima
  • A desenvolver a capacidade de relaxación e autocontrol
  • A entender o corpo como ferramenta expresiva a coidar
  • A conxugar elementos como o movemento, o xesto, a palabra ou a luz
maisqueteatro_logo_Q_negro

Como o aprendemos?

  • A través das técnicas básicas de cada disciplina
  • Xogos dramáticos e pre-dramáticos
  • Movemento e expresión corporal
  • Improvisacións
  • Dinámicas de grupo

Para nenos e nenas dos 5 aos 14 anos, cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 30

5 sesións de mínimo 3h cada unha

Necesidade dun espazo diáfano con posibilidade de escuros totáis