Por que non proporcionar ferramentas @s adult@s do mañá para resolver conflitos?

E se aprendemos a comunicarnos para evitar a violencia?

Que pasaría se utilizamos a cultura para fomentar a aprendizaxe transversal?

Nace...
COMUNICARTE

Obradoiro teatral para traballar a comunicación efectiva

Pretende unha aprendizaxe baseada na experimentación e adquisición de ferramentas a través de dinámicas e técnicas teatrais

Que aprendemos?

  • A mellorar a escoita e a capacidade de crítica construtiva
  • A comunicarnos de forma máis asertiva
  • A reducir a impulsividade á hora de relacionármonos cos demais
  • A estruturar unha mensaxe con coherencia
  • A ter en conta e controlar a linguaxe corporal
  • A relaxarnos e controlar a ansiedade
maisqueteatro_logo_Q_negro

Como o aprendemos?

  • Dinámicas de grupo e xogos de roles
  • Improvisacións teatrais
  • Exercicios de movemento e relaxación

Para rapaces e rapazas entre os 12 e os 16 anos, cun grupo mínimo de 6 e máximo de 18

Requírese un mínimo de 9 horas para traballar con cada un dos grupos